Santa María dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 175 habitantes (85 mulleres e 90 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Antigamente a parroquia coñecíase por Santa María de Perra ou da Perra. A mediados do século XVI, na época de inicio da intromisión do castelán en Galicia, o arcebispo de Compostela Francisco Blanco Salcedo mandou mudar o nome para o actual.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado.

miniatura|Os Ánxeles no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Os Ánxeles no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845).

Demografía Os Ánxeles xunto coa contigua parroquia de Dormeá aparecen no Censo de Pecheros de 1528 con 49 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 teñen 35 veciños, dos cales 33 son pecheros.

Século XVIII 1752 1768 Veciños Habitantes 28 120

Século XIX 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 26 31 32 30 37 – – Habitantes 111 155 170 208 213 219 256

Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 265 262 308 370 365 360 381 283 240 234 240 233

Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 233 229 222 217 219 216 215 212 209 211 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 204 200 199 200 192 184 174 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares dos Ánxeles

Parroquias de Boimorto

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Boimorto

Categoría:Parroquias de Boimorto Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María