Robert Jonathan Demme, nado en Baldwin (Nova York), o 22 de febreiro de 1944, e finado en Nova York o 26 de abril de 2017, foi un director de cinema, produtor e guionista estadounidense.
Traxectoria Comezou a traballar como guionista con Roger Corman, para despoir pasar á dirección. Coa súa película Melvin and Howard conseguiu o seu primeiro grande éxito de crítica, o que o levou a poder dirixir filmes máis comerciais.
En 1991 triunfou con O silencio dos cordeiros, filme gañador dos catro oscars principais, incluíndo o de mellor director.
Tras el seguiu dirixindo películas de ficción, documentais e vídeos musicais.
O seu sobriño, Ted Demme, finado en 2002, tamén era director de cinema.
Filmografía 1974 - Calor entre reixas 1975 - Crazy Mama 1976 - Fighting Mad 1977 - Handle With Care 1979 - Last Embrace 1980 - Melvin and Howard 1984 - Swing Shift 1984 - Stop Making Sense 1986 - Algo salvaxe 1988 - Casada con todos 1991 - O silencio dos cordeiros 1993 - Filadelfia 1998 - Beloved 2002 - The Truth About Charlie 2004 - The Manchurian Candidate 2006 - Neil Young: Heart of Gold (2006) 2008 - Rachel Getting Married 2013 - The Master Builder 2015 - Ricki and the Flash
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Óscar ó mellor director