miniatura|Anacos de mirra. A mirra (do latín myrrha, e este do grego μύῤῥα) é unha resina moi aromática producida por unha árbore orixinaria de Arabia
Obtense facendo unha fenda na casca da especie arbórea Commiphora myrrha, da exsuda unha resina gomosa, de cor amarela que ao se enxugar colle formas irregulares e tons pardos avermellados. A árbore medra no nordés de África, en Arabia e en Turquía.
Foi moi valorada na antigüidade, xa que era un dos compoñentes para a elaboración de perfumes, incenso,Éxodo 30:23 ungüentos, unturas, menciñas e para esluír tintura nos papiros. Usábase tamén para embalsamar os mortos.Xoán 19:39
A mirra, en épocas do imperio romano, era usada como anestésico para os expirantes ou os condenados a morte e se adoitaba dar mesturada con viño.Marcos 15:23
A gomorresina tense utilizado tamén coma estimulante e tónico, e na actualidade emprégase coma antiséptico en enxaugaduras bocais e dentífrico, entre outros.
Esta substancia tamén ten numerosas propiedades medicinais e se usaba para tratar a rouquén, a disentería e coma antiparasitaria. Ademais, Dioscórides menciona no seu tratado "De Materia Médica" as propiedades abortivas da mirra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Incenso Bibliografía Dalby, Andrew (2000), Dangerous Tastes: The Story of Spices (Sabores perigosos: A historia das especias, aínda sen edición en galego), Londres: British Museum Press, ISBN 0-7141-2720-5, pp. 107–122.
Categoría:Especias Categoría:Perfumería