Herrerasaurus foi un dos primeiros dinosauros. O seu nome científico en latín quere dicir "lagarto de Herrera", na honra do gandeiro que descubriu o primeiro exemplar. Tódolos fósiles coñecidos deste carnívoro foron descubertos na Formación de Ischigualasto do período Carniano (Triásico serodio segundo a Comisión Internacional sobre Estratigrafía, datado de hai 231,4 millóns de anos) no noroeste da Arxentina. A especie tipo, Herrerasaurus ischigualastensis, foi descrita por Osvaldo Reig en 1963 e é a única especie asignada no xénero. Ischisaurus e Frenguellisaurus son sinónimos.

Durante moitos anos, a clasificación de Herrerasaurus era incerta debido a que só era coñecido por restos moi fragmentados. Xurdiron hipóteses sobre se era un terópodo basal, un sauropodomorfo basal, un saurisquio basal ou se non era un dinosauro senón un tipo de arcosauro. Porén, co descubrimento dun esqueleto case completo e unha caveira en 1988, Herrerasaurus foi clasificado tanto como un terápodo antigo como un saurisquio antigo en cando menos cinco estudos sobre a evolución dos terópodos, con moitos investigadores tratándoo, cando menos de xeito tentativo, como o membro máis primitivo dos terópodos.Holtz, Thomas R. Jr. (2011) Dinosaurs: The Most Complete, Up-to-Date Encyclopedia for Dinosaur Lovers of All Ages, Winter 2010 Appendix.

É membro dos Herrerasauridae, unha familia de xéneros semellantes que se atopan entre os primeiros membros da radiación evolutiva dos dinosauros..

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Introduction to Herrerasaurus, from the University of California Museum of Paleontology

Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1963