Gastornis é un xénero extinto de aves incapaces de voar que viviu durante o Paleoceno tardío e o Eoceno. Gastornis significa "ave de Gaston", o seu nome foille dado polo francés Gaston Plantei, quen descubriu fósiles deste animal en Geiseltal (Alemaña) en 1855. En 1876 Edward Drinker Cope descubriu outro xacemento de fósiles en América do Norte e chamounos Diatryma (do grego antigo diatrêma, "canoa"). Como ambos espécimes son extremadamente próximos e o descubrimento de Gastornis é anterior a Diatryma este último termo foi abandonado e todos os fósiles do xénero reciben o nome xenérico de Gastornis, en aplicación do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Fósiles descritos en 1855 Categoría:Gastornithidae