Apatosaurus (do grego: "réptil enganoso") é un xénero de dinosauros saurópodos diplodócidos, que viviron a finais do período Xurásico na actual América do Norte. Othniel Charles Marsh describiu e nomeou a primeira especie coñecida, A. ajax, en 1877, e unha segunda especie, A. louisae, foi descuberta e nomeada por William H. Holland en 1916. Apatosaurus viviu hai 152 a 151 millóns de anos, durante finais do Kimeridgiano a comezos do estrato Titoniano, e é coñecido por fósiles da formación de Morrison atopados en Colorado, Oklahoma, Novo México, Wyoming e Utah, nos Estados Unidos de América. Apatosaurus tiña unha lonxitude media de entre 21 e 22,8 m, e un peso medio de entre 16,4 a 22,4 toneladas. Uns poucos espécimes atopados indican unha lonxitude máxima un 11–30% maior que a media e un peso de 32,7 a 72,6 toneladas.

Véxase tamén Ligazóns externas

Batuman, Elif. Brontosaurus Rising (abril de 2015), The New Yorker Krystek, Lee. "Whatever Happened to the Brontosaurus?" UnMuseum (Museum of Unnatural Mystery), 2002. Taylor, Mike. "Why is 'Brontosaurus' now called Apatosaurus?" MikeTaylor.org.uk, 28 de xuño de 2004.

Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1877