Vive cantando foi unha serie de televisión española producida por Doble Filo (Grupo Secuoya) para a canle Antena 3, emitida entre o 3 de setembro de 2013 e o 5 de novembro de 2014. Trátase dunha comedia dramática de dúas tempadas protagonizada pola actriz galega María Castro.
Argumento Trini (María Castro) é unha cantante de orquestra que leva os últimos anos percorrendo España enteira. Con todo, a súa irmá Luisa (Pilar Castro) aparece logo dunha actuación para dicirlle que está morrendo. Isto obrígaa a deixar a súa paixón para regresar a La Gloria, o barrio no que creceu e onde vive toda a súa familia. Alí reencontrarase cos seus, os seus amigos e co que foi o amor da súa vida. O ex de Trini é dono de "La bamba", un karaoke que viviu tempos mellores pero que de novo empeza a despuntar. Aos poucos "La bamba" converterase no punto de encontro dos veciños de todo o barrio, un punto no que desafogarse e alegrarse a existencia a base de música, moita música.
Personaxes Personaxes fixos María Castro é María Trinidad "Trini" Almagro López. Gorka Otxoa é César Campillo. José Luis García Pérez é Juanjo. Roko é Lucía. Sandra Blázquez é María José. Esperanza Elipe é Asun. Mariola Fuentes é Candela. Ignacio Montes é Carlos. Manuel Galiana é Rafael. Javier Cifrián é Mariano. Daniel Avilés é Nacho. Alberto Jiménez é Julián. Andrés Arenas é Ceferino. Ana Mena é Paula. Víctor Sevilla é Jesús Francisco "Jeco". Nancy Yao é Lola. Geli Albaladejo é Geli. Juan Frendsa é Tito. Kiti Mánver é Rosario. Bárbara Santa-Cruz é Elena. Mario Plágaro é Molina. Mariano Estudillo é Manu.
Personaxes episódicos Pilar Castro é Luisa Almagro López. Álex Hernández é Ricky. Laura Río é Barbara. Àlex Casademunt é Willy. Álex Hernández é Ricky. José Lamuño é Raimundo "Ray".
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión de España