miniatura|dereita|Brais de Sebaste par Hans Memling, 1491. Situado anteriormente na Catedral de Lübeck, agora no Museo de St. Annen en Lübeck, Alemaña. Brais é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Blasius, que á súa vez provén de blaesus que quere dicir 'o que tatexa ou gaguexa', 'tatexo'. En galego tamén ten a vairante Bras.
En xaneiro de 2023 existían 5.814 varóns en Galicia co nome Brais, cunha media de idade de 18,5 anos.Nome Brais na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Bras.
Historia Brais (Bras) foi un nome común en Galiza, San Brais é padroeiro de dúas parroquias, mais é moi venerado. A variante galega do nome foi moi empregada na antigüidade, sendo aos poucos substituída no século XX pola forma castelá Blas. Martín Sarmiento fala do nome Brais (Bras dô Montecelo): Brais, de Blasius, entre los rústicos se usa Bràs.Martin Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970) Hoxe en día a variante galega do nome volveuse nun dos nomes máis populares de Galiza novamente, sendo un dos nomes máis populares entre os nenos varóns. Tamén ten certo uso nas zonas galegofalantes de fóra de Galicia, e así hai 30 Brais en Asturias e 28 en León.
Onomástica 3 de febreiro: San Brais, venerado en occidente, importante en Galiza sendo patrón de dúas parroquias. San Brais era médico e foi coñecido porque retirou coa man unha espiña da gorxa dun neno; por ese motivo é padroeiro das doenzas da gorxa. Foi capturado polos romanos e decapitado no ano 316, sendo enterrado na cidade de Sebaste, Armenia (actual Sivas, Turquía).
Na cultura popular galega Ditos Xa te entendo, Bras, significa que un alcanza a intención doutroEladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo.
Refraneiro Ai Bras, que tanto dis que me queres e tanto sofrir me fas! Bras, lávate e comerás: dispois de lavado, non comerás bocado. Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará. Mira, Bras, por onde vas, e coida ben o que fas. San Bras da Barca que afoga e non mata. Se te lavas, Bras, a rèla quitarás e limpo quedarás. Polo San Brais, teñen os días dúas horas máis. Polo San Brais hora e media máis e se ben contaras dúas encontraras. Vamos mozas a San Brais, que festas non quedan máisEligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo.
Variantes noutras linguas Variantes noutras linguas Lingua alemá Blasius Lingua aragonesa Blai, Blas, BllasEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Lingua asturiana Bras Lingua bretoa Bleaz Lingua castelá Blas Lingua catalá Blai Lingua checa Blažej Lingua corsa Biasgiu Lingua croata Blaž Lingua dinamarquesa Blasius Lingua éuscara Balas, Balasi Lingua finesa Blasius Lingua francesa Blaise Lingua galega Brais Lingua grega Βλάσιος (Blasios) Lingua húngara Balázs Lingua inglesa Blaise Lingua islandesa Blasíus Lingua italiana Biagio Lingua latina Blasius Lingua lituana Blažiejus Lingua neerlandesa Blasius Lingua norueguesa Blasius Lingua polonesa Błażej Lingua portuguesa Brás Lingua romanesa Blasiu Lingua rusa Власий (Vlasij) Lingua serbia Власије (Vlasije) Lingua sueca Blasius Lingua turca Vlas
Persoeiros Santos Brais de Sebaste (San Brais), foi un mártir, bispo e santo católico que viviu entre os séculos III e IV na Armenia.
Galegos Brais Maceiras, gaiteiro e acordeonista (Elviña, A Coruña, 1978). Brais Abad, actor (A Coruña). Brais Rodríguez, debuxante e guionista de banda deseñada (Brión, 1980). Brais González Pérez, escritor e político (Salceda de Caselas, 1988). Brais Méndez, futbolista (Mos, 1997). Brais Pinto, personaxe ficticio que dá nome a un grupo galeguista fundado no ano 1958 en Madrid.
Outros artistas e escritores Blas Valera (1545-). Cronista español. Blas Antonio Nasarre y Férriz (1689-1751). Filólogo español. Blas de Cáseda y Villamayor (-1748). Músico español. Blas de Laserna (1751-1816). Compositor español. Blai Parera y Moret (1776-1840). Músico e compositor español (creou a música do Himno Nacional Arxentino). Blas Garay (1873-1899). Escritor paraguaio. Alfonso Sánchez Urteaga (1910-1985). Pintor peruano. Blas Galindo Dimas (1910-1993). Compositor mexicano. Blas de Otero (1916-1979). Poeta español. Blas Pajarero (1926-). Escritor español. Blas Matamoro (1942-). Escritor arxentino. Blas Emilio Atehortúa (1943-). Compositor colombiano. Blas Durán (1949-). Cantante da República Dominicana. Brás Garcia de Mascarenhas, 1596, foi un militar e poeta portugués.
Científicos e investigadores Blas Ruiz. Explorador español. Blas Cabrera (1878-1945). Físico español. Blaise Pascal (1623-1662). Matemático, físico e filósofo relixioso francés.
Deportistas Blas Pérez (1881-). Futbolista panameño. Blas Ruiz (1979-). Deportista mexicano da especialidade de tiro.
Políticos Brás Baltasar da Silveira, 1674, foi un fidalgo portugués, gobernador da Capitanía de São Paulo e Minas de Ouro. Brás de Sousa, 1825, foi un político, xurista e profesor brasileiro. Brás do Amaral, 1861, foi un médico, profesor, político e historiador brasileiro.
Personaxes de ficción Brais, monicreque do Barrio Sésamo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Brás Pires, concello brasileiro do estado de Minas Gerais. Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos