Juan Antonio Alonso Santodomingo, nado en Vigo en 1844 e finado o 10 de febreiro de 1917, foi un empresario galego do sector da conserva, fundador da empresa Conservas Palacio de Oriente.
Traxectoria En 1862 emigrou á Habana, daquela colonia española, onde permaneceu traballando ata 1881 como intermediario comercial entre a illa e a metrópole. Alí casou con Eloísa Giménez-Cuenca Pérez, filla dun importante militar de Matanzas. Á volta a Vigo inviste en propiedades inmobiliarias. Alí establece contacto coa industria conserveira e en 1886 comeza pola súa propia iniciativa, ao primeiro coa axuda do socio Benito Albela e a partir de 1890 xa en solitario. miniatura|Antonio Alonso Santodomingo con tres dos seus fillos sentados de esquerda a dereita: Mauro, Rodrigo e Antonio. Primeiro comeza a exportar a Francia, coma outros empresarios conserveiros galegos, pero axiña proba novos mercados como Montevideo, México, Porto Rico e Cuba, especialmente este porque gardara amizades e contactos da súa época como emigrante. Diversifica a conserva, integrando verduras, e tamén o proceso pesqueiro, construíndo dous buques para a pesca de ollomol con destino á venda de fresco e escabeche. Con todo, o seu primeiro produto era a sardiña en aceite.
A partir da década dos 90 comeza tamén a súa expansión no mercado complementario da lata, e participa como accionista no lanzamento dunha empresa vasca, a Basconia, que lle faga a competencia a Goitia, monopolizadora do mercado. Xa con parte da dirección da empresa conserveira compartida cos seus fillos, viviu a primeira crise da sardiña, de 1909, da que Palacio de Oriente saíu reforzada polos seus movementos para conseguir sardiña en Huelva. Ao seu falecemento os seus fillos continuarían a saga familiar.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Eduardo Martínez Alonso (neto) Ligazóns externas Fernando Torres Carbajo: "Una de las grandes conserveras gallegas" 7/8/2015 .
Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Empresarios de Galicia