Little Creatures é o sexto álbum da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, publicado o 10 de xuño de 1985. A disco examina temas de Americana e incorpora elementos da música country, con moitas cancións contando con steel guitar. Foi votado mellor disco do ano na enquisa Pazz & Jop de The Village Voice e é o traballo con máis vendas do grupo, con máis de 1 millón de copias nos Estados Unidos.
A portada foi creada polo artista marxinal Howard Finster, e foi elixida como portada do ano pola revista Rolling Stone.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por David Byrne, agás onde se indique.
"And She Was" – 3:36 "Give Me Back My Name" (Byrne, Chris Frantz, Jerry Harrison, Tina Weymouth) – 3:20 "Creatures of Love" – 4:12 "The Lady Don't Mind" (Byrne, Frantz, Harrison, Weymouth) – 4:03 "Perfect World" (Byrne, Frantz) – 4:26 "Stay Up Late" – 3:51 "Walk It Down" – 4:42 "Television Man" – 6:10 "Road to Nowhere" (Byrne, Frantz, Harrison, Weymouth) – 4:19
Temas da reedición de 2005 "Road to Nowhere" (versión inicial) "And She Was" (versión inicial) "Television Man" (mix estendido)
Categoría:Álbums de Talking Heads Categoría:Álbums musicais de 1985