En electrónica e especialmente en circuítos dixitais síncronos, un sinal de reloxo (historicamente tamén coñecido como latexo lóxico) é un sinal lóxico electrónico (tensión ou corrente) que oscila entre un estado alto e un estado baixo a unha frecuencia constante e utilízase como un metrónomo para sincronizar as accións dos circuítos dixitais. Nun circuíto lóxico síncrono, o tipo máis común de circuíto dixital, o sinal de reloxo aplícase a todos os dispositivos de almacenamento, biestables e latchs, e fai que todos cambien de estado simultaneamente, evitando condicións de carreira.

Un sinal de reloxo prodúcese mediante un oscilador electrónico chamado xerador de reloxo. O sinal de reloxo máis común ten a forma dunha onda cadrada cun ciclo de traballo do 50 %. Os circuítos que empregan o sinal de reloxo para a sincronización poden activarse no flanco de subida, no flanco de baixada ou, no caso de dobre taxa de datos, tanto no flanco de subida como no de baixada do ciclo de reloxo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Xerador de reloxo Ligazóns externas

Categoría:Electrónica dixital