Antonio Leira Carpente, nado en Pontedeume en 1911 e finado en Ferrol o 15 de xullo de 2000, foi un militar galego.
Traxectoria Militante anarcosindicalista, Participou na guerra civil como cabo da mariña nun buque da armada republicana. Despois marchou á URSS, foi capturado xunto a 46 compañeiros en Odesa e trasladado ao campo de Krasnoiars en Siberia, para acabar recluído nun gulag en Kazakhstán. O 2 de abril de 1954 foi repatriado no Semiramis dende o porto de Odesa. Finou en Ferrol o 15 de xullo de 2000.La Voz de Galicia, Ferrol, 16-7-200, p. 17
Vida persoal
Casou con María Otero Cernadas e foi pai de Beatriz Leira Otero.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Marineros gallegos en el Gulag Los ‘presos fantasma’ de Kazajistán
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Pontedeume
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Anarcosindicalistas