René Primevère Lesson, nado o 20 de marzo de 1794 e Rochefort, Charente Marítimo, Poitou-Charentes (Francia) e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1849, foi un cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés. Traxectoria Fixo os seus primeiros estudosa en Rochefort e, aos dezaseis anos, entrou na Escola Médica Naval. Serviu na armada francesa durante as Guerras napoleónicas, e en 1811 era o terceiro cirurxián na fragata Saal e, en 1813, segundo cirurxián na Regulus.
Participou na viaxe de circunnavegación da La Coquille (1822-1825), onde era o cirurxián do buque, e foi o responsábel, xunto ao seu compañeiro e tamén cirurxián Prospere Garnot, de coleccionar os espécimes de Historia Natural nesta viaxe. Foi o primeiro naturalista que viu vivas as aves do paraíso nas Molucas e en Nova Guinea.
Ao regresar a París pasou sete anos preparando a sección zoolóxica de vertebrados da expedición realizada, Voyage au tour du monde sur La Coquille (1826-39). Durante este tempo escribiu tamén os traballos Manuel d'Ornithologie (1828), Traité d'Ornithologie (1831), Centurie Zoologique (1830-32) e Illustrations de Zoologie (1832-35). Tamén redactou varias monografías sobre os colibrís e un libro sobre as aves do paraíso.
Publicou, en dos volumes, a obra Manuel d'Histoire Naturelle Médicale et de Pharmacologie (1833), sobre as súas experiencias como cirurxián a bordo, como un manual para os cirurxiáns navais.
En 1832 Lesson era o farmacéutico en xefe da armada francesa en Rochefort.
Describiu, entre outros, o xénero Vultur que comprende o Vultur gryphus o cóndor dos Andes, e, entre outras, a especie Balaenoptera borealis, o rorcual boreal.
Algunhas publicacións Manuel d'ornithologie, ou Description des genres et des principales espèces d'oiseaux, dous volumes, 1828 Traité d'ornithologie, ou Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux, 1831 Manuel d'Histoire Naturelle Médicale et de Pharmacologie, 1833 "Espèces nouvelles d'oiseaux mouches, par R. P. Lesson". Revue zoologique par la Société cuviérienne, 1838, pp. 314–315Artigo orixinal na Revue zoologique par la Société cuviérienne, 1838 Espèces nouvelles d'oiseaux mouches, par R. P. Lesson "Oiseaux-Mouches nouveaux au très rares, decouverts par M. De Lattre dans son voyage en Amérique et décrits par MM. De Lattre et Lesson". Revue Zoologique par la Société cuvierienne, 1839, pp. 13 ff.Artigo orixinal en Revue zoologique par la Société cuviérienne, 1839 Oiseaux-Mouches nouveaux au très rares, decouverts par M. De Lattre dans son voyage en Amérique et décrits par MM. De Lattre et Lesson Voyage autour du monde, entrepris par ordre du gouvernement sur la Corvette La Coquille, Pourrat frères. París, 1838-1839 Instinct et singularités de la vie des Animaux Mammifères, Paulin. París, 1842 Description de mammifères et d'oiseaux récemment découverts; précédée d'un Tableau sur les races humaines, 1847 Histoire naturelle des zoophytes. Acalèphes, Roret. París, 1843
Abreviatura A abreviatura Lesson emprégase para designar a René Primevère Lesson como autoridade na descrición e nomenclatura de especies en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Raymond Duguy1 (1995): "René Primevère Lesson. Un voyage autour du monde". En Aventures scientifiques. Savants en Poitou-Charentes du XVIe au XXe siècle (DHOMBRES J., dir.), Les éditions de l’Actualité Poitou-Charentes (Poitiers): 136-147. ISBN 2-911320-00-X. 1Raymond Duguy é un cetólogo francés que traballou nos anos 1970 e ss. no Centro de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMM), organismo dependente do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, descentralizado naqueles anos na Rochelle.
Categoría:Médicos de Francia Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en Rochefort, Charente Marítimo Categoría:Nados en 1794 Categoría:Finados en 1849 Categoría:Cirurxiáns de Francia Categoría:Ornitólogos de Francia