Os sulfátidos son un tipo de galactosilceramidas sulfatadas sintetizadas principalmente nos oligodendrocitos do sistema nervioso central. Os sulfátidos son un tipo de sulfolípidos. Pénsase que os sulfátidos xogan un importante papel no funcionamento e estabilidade da mielina, como se pon en evidencia polo feito de que os ratos que carecen do encima necesario para producir sulfátidos durante a formación da vaíña de mielina teñen vaíñas de mielina máis delgadas, e sofren de parálises progresivas das extremidades posteriores como resultado da desmielinización da súa medula espiñal inferior.Coetzee, T.; Fujita, N.; Dupree, J.; Shi, R.; Blight, A.; Suzuki, K.; Suzuki, K.; Popko, B. (1996). "Myelination in the Absence of Galactocerebroside and Sulfatide: Normal Structure with Abnormal Function and Regional Instability". Cell 86 (2): 209–219. doi:10.1016/S0092-8674(00)80093-8. PMID 8706126.

Importancia clínica As sulfatidoses como a leucodistrofia metacromática son enfermidades de almacenamento lisosómicas caracterizadas pola acumulación de sulfátidos debido á incapacidade de degradalos nos lisosomas.Whitfield, P. D.; Sharp, P. C.; Johnson, D. W.; Nelson, P.; Meikle, P. J. (2001). "Characterization of Urinary Sulfatides in Metachromatic Leukodystrophy Using Electrospray Ionization-Tandem Mass Spectrometry". Molecular Genetics and Metabolism 73 (1): 30–37. doi:10.1006/mgme.2001.3165. PMID 11350180.

Detéctanse alteracións no metabolismo dos sulfátidos, e no seu transporte e homeostase nos estadios iniciais clinicamente recoñecibles da enfermidade de Alzheimer.Han X, M Holtzman D, McKeel DW Jr, Kelley J, Morris JC. Substantial sulfatide deficiency and ceramide elevation in very early Alzheimer's disease: potential role in disease pathogenesis. J Neurochem. 2002 Aug;82(4):809-18. PMID 12358786.

Varios estudos demostraron unha relación entre a vitamina K e os sufátidos. Despois de administrar warfarina a ratos para diminuír os seus niveis de sulfátidos cerebrais, a administración de vitamina K pode facer que se recuperen ditos niveis ao normal.Sundaram, K. S.; Lev, M. (1990). "Regulation of sulfotransferase activity by vitamin K in mouse brain". Archives of Biochemistry and Biophysics 277 (1): 109–113. doi:10.1016/0003-9861(90)90557-F. PMID 1968327.miniatura|300px|Estrutura química dun sulfátido.|centro Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MeshName Sulfatides

Categoría:Glicolípidos Categoría:Ésteres sulfato