Paços de Ferreira é un concello portugués do distrito do Porto, rexión de Entre Douro e Minho e subrexión do Vale do Sousa e Baixo Tâmega. No ano 2011 tiña 56.340 habitantes.

Xeografía O concello, de 70,99 km², ten a súa capital na vila do mesmo nome, de 7.491 habitantes (2011), e abrangue 12 freguesías. Limita ao leste co concello de Lousada, ao sur co de Paredes, ao suroeste co de Valongo e ao oeste e ao norte co de Santo Tirso. Está atravesado polo río Ferreira, afluente do río Sousa, que á súa vez é afluente do río Douro. A serra da Agrela é unha pequena elevación que limita o concello polo oeste.

Ten unha densidade de poboación moi elevada, sendo un dos municipios con maior porcentaxe de poboación nova de Portugal. Até o 2013 abranguía 16 freguesías, pero trala reforma administrativa dese ano pasaron a 12: uníronse Paços de Ferreira con Modelos, Arreigada con Frazão, e Sanfins de Ferreira con Lamoso e Codessos. Case todas as freguesías son bastante homoxéneas en número de habitantes, pero as máis poboadas son as cidades de Paços de Ferreira e Freamunde, as vilas de Frazão e Carvalhosa, e as aldeas de Ferreira e Seroa.

{| style="background:snow" |+ style="background:yellow" | Freguesias de Paços de Ferreira | align="center" |500px

Escudo Freguesía Poboación (2011) Área 50px|centro Arreigada 1 999 hab. 2,16 km² 50px|centro Carvalhosa 4 583 hab. 5,97 km² 50px|centro Codessos 1 011 hab. 2,10 km²50px|centro Eiriz 2 303 hab. 4,86 km² 50px|centro Ferreira 4 341 hab. 5,89 km² 40px|centro Figueiró 2 496 hab. 2,67 km²50px|centro Frazão 4 264 hab. 5,35 km²50px|centro Freamunde 7 789 hab. 4,68 km²

Escudo Freguesía Poboación (2011) Área 45px|centro Lamoso 1 613 hab. 3,02 km² 50px|centro Meixomil 3 676 hab. 4,31 km² 45px|centro Modelos 1 594 hab. 2,45 km² 45px|centro Paços de Ferreira 7 491 hab. 4,99 km² 50px|centro Penamaior 3 819 hab. 7,91 km² 50px|centro Raimonda 2 576 hab. 3,81 km² 45px|centro Sanfins de Ferreira 3 139 hab. 6,53 km² 45px|centro Seroa 3 646 hab. 6,05 km²

Historia Ata as revolucións liberais do inicio do século XIX, formou parte do Couto de Ferreira. O actual concello existe dende 6 de novembro de 1836, e a antiga vila de Paços de Ferreira ten a categoría de cidade dende 20 de maio de 1993.

Economía Paços de Ferreira é coñecido como a "Capital do Móvel" (Capital dos Mobles) xa que a súa industria de fabricación de mobles é a que máis produce en Portugal e unha das máis importantes de Europa. As estradas do concello, coas súas centenas de tendas de mobles, son consideradas a maior mostra de mobiliario de toda a Europa.

Deporte Na cidade pacense xoga o club de fútbol FC Paços de Ferreira, que participou unha vez na Liga de Campións da UEFA e tres veces na UEFA Europa League, e foi tamén finalista da Taça de Portugal e da Taça da Liga de Portugal.

Patrimonio dereita|miniatura|200px|Citania de Sanfins (Núcleo familiar reconstituído). dereita|miniatura|200px|Citania de Sanfins (Balneario castrexo).

O Dolmen de Lamoso foi declarado Inmóbel de Interese Público o 24 de xaneiro de 1967. O Penedo das Ninfas, en Sanfins de Ferreira, foi declarado IIP o 17 de abril de 1953. A Citânia de Sanfins, un dos maiores e máis importantes castros do noroeste peninsular, foi declarado Monumento Nacional o 20 de agosto de 1946.

O Mosteiro de Ferreira, de estilo románico, foi declarado Monumento Nacional o 3 de febreiro de 1928. O Pelourinho de Paços de Ferreira foi declarado IIP o 11 de outubro de 1933. Outro patrimonio destacable do concello é a Casa da Praça, a capela de San Francisco (Freamunde) e o cruzeiro de Eiriz.

Galería de imaxes

Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito do Porto