Yelko Pino Caride, nado o 30 de outubro de 1996 en Vigo, é un futbolista galego que xoga como mediapunta no Pontevedra, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Nado en Vigo, Yelko Pino é un dos membros da xeración de xuvenís do Celta de Vigo que alcanzou a final da Copa de Campións celebrada na cidade olívica en 2013. Na posición de mediapunta, destacou como un dos piares do equipo dirixido por David de Dios, a pesar de ser un ou dous anos menor que a maioría dos seus compañeiros. Posteriormente subiu ao filial celeste, estreandose na Segunda División B con tan só 16 anos. No seu primeiro ano disputou un total de 32 partidos, 24 deles como titular, marcando un gol na penúltima xornada, cando o descenso do filial a Terceira era xa unha realidade.
A continuación estreouse co primeiro equipo, con Paco Herrera como adestrador, nun amigábel no Estadio de Balaídos ante o Club Deportivo Lugo. A súa proxección fixo que renovase o seu contrato co Celta en 2013 por cinco tempadas, rexeitando ofertas do FC Barcelona e do FC Porto. En troques, o club estipulou no seu contrato que a partir do verán de 2015 sería membro do primeiro equipo. Con todo, a dirección deportiva do Celta decidiu que o rapaz permanecese no Celta B, feito que contrastaba coa cláusula do seu contrato.
En setembro de 2015, despois do peche do mercado de estival, o Celta asegurou que chegara a un acordo co Swindon Town para cedelo a este equipo. Con todo, o club da League One non puido inscribilo nese momento. En xaneiro de 2016, Pino saíu do Celta rumbo ao Queens Park Rangers da Championship, ao que chegou cedido até final de tempada. Alí xogou co equipo sub-21, non chegando a disputar partidos oficiais co primeiro equipo.
Tras regresar de terras inglesas, o xogador asinou libre polo Lugo da Segunda División, cun contrato de tres temporadas. Debutou co equipo de Luis César na segunda xornada de liga, contra o Zaragoza no Anxo Carro, e disputou un total de 16 partidos durante a campaña, marcando un gol nunha vitoria por 1-0 contra o Reus. Na tempada 2017/18 saíu cedido á Cultural Leonesa, equipo de Segunda adestrado polo galego Rubén de la Barrera, onde xogou só 83 minutos en liga ata que o seu contrato foi rescindido en xaneiro de 2018, despois de que vise a luz un vídeo no que insultaba ao club. Xogou o resto da tempada cedido no máximo rival dos leoneses, a Ponferradina, da Segunda B.
En agosto de 2018 fichou polo Atlético Baleares, tamén de Segunda B. Apenas contou con minutos, disputando só seis partidos como titular nunha tempada na que o club de Palma acabou como campión do seu grupo, pero non logrou o ascenso. Na seguinte campaña xogou no Algeciras, da mesma categoría, onde xogou só cinco partidos como titular.
Para a tempada 2021/22 asinou co Pontevedra, da Segunda División RFEF. Titular en case todos os partidos, logrou co equipo pontevedrés o ascenso á Primeira División RFEF.
Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGolesCelta BSegunda B2013−2014321Celta BSegunda B2014−2015152CeltaPrimeira2015−201600Queens Park RangersChampionship2015−201600LugoSegunda2016−2017151Cultural LeonesaSegunda2017−201830PonferradinaSegunda B2018−201960Atlético BalearesSegunda B2019−2020110AlgecirasSegunda B2020−2021160PontevedraSegunda B2021−2022132
Palmarés Atlético Baleares Segunda División B (1): 2018/19.
Pontevedra Segunda División RFEF (1): 2021/22.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Queens Park Rangers FC Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17