Juan Amoedo Seoane, nado en Redondela o 16 de maio de 1890 e finado en Vigo o 18 de xullo de 1972, foi un avogado e agrarista galego.
Traxectoria Fillo do médico Manuel Amoedo Acuña. Licenciado en Dereito en 1909. Foi redactor de La Idea e despois colaborou en La Opinión e Redención Gallega. Foi avogado en Vigo durante a primeira metade do século XX e presidente do seu Colexio de avogados. Agrarista, participou como propagandista na campaña de axitación da Liga Agrario-Redencionista no verán de 1910. Participou na defensa dos sindicalistas presos trala folga xeral de 1917, sucesos polos que el mesmo foi detido. Foi líder do partido melquiadista en Galicia. No franquismo foi avogado en Vigo e decano do Colexio de Avogados de Vigo. Finou en Vigo o 18 de xullo de 1972. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 21-7-1972, p. 4.El Pueblo Gallego, 22-7-1972, p. 20.
Vida persoal Casou en Vigo en 1928 con Gloria Conde Pascual, e foi pai de María Gloria, Juan Manuel, José Antonio, Jorge, Javier e María Victoria Amoedo Conde.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Avogados de Redondela Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1972