é unha empresa xaponesa desenvolvedora e distribuidora de software no campo dos videoxogos. Namco fusionouse no ano 2005 co fabricante de xoguetes Bandai, formando así Namco Bandai Holdings, Inc., unha das empresas de entretemento máis grandes do Xapón.

Historia Namco foi fundada en 1955 polo actual presidente, Masaya Nakamura, en Tokyo, Xapón.

No ano 2004 a empresa gañou 1600 millóns de dólares. O negocio principal da empresa é o desenvolvemento e a distribución de máquinas recreativas, videoxogos para o fogar (videoconsolas), contidos para a televisión e servizos móbiles. Tamén traballa noutras liñas de negocio en todo o mundo. En 2005 fusionouse con Bandai, unha das maiores empresas de xoguetes do Xapón e tamén produtora de videoxogos, formando o holding Namco Bandai Holdings, para afrontar mellor as dificultades e custos, para programar para a nova xeración de consolas.

Software Videoxogos destacados Isto é unicamente unha pequena lista dos xogos máis famosos desenvolvidos por Namco ao longo da súa historia. Non intenta ser extensiva, senón sinalar xogos importantes na historia da empresa: Pac-Man (1980) Ms. Pac-Man Ace Combat Baten Kaitos Galaxian (1979) Galaga (1981) Dig Dug (1982) Xevious Macross Metrocross Penny Racers Ridge Racer (1993) Soul Calibur (1998) Klonoa (1997) Star Fox: Assault Tales of Phantasia Tales of Symphonia Dragon Ball (1984) Tekken (1994) Time Crisis Xenosaga Eternal Sonata Dead to Rights (2002) Splatterhouse Inversion (2012) The Idolmaster Super Smash Bros. (3DS/Wii U) (2014)

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de Namco Bandai

Categoría:Empresas do Xapón Categoría:Compañías de videoxogos