O Gran Premio do Reino Unido de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 19 de xullo de 1975 no circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra. Foi a décima carreira do Campionato do Mundo da tempada de .
Foi o 30º de Gran Premio do Reino Unido, desde que se disputou por primeira vez en 1926 e a 17ª vez que a carreira celebrouse en Silverstone. A carreira celebrouse sobre 56 das 67 voltas programadas para completar unha de distancia de carreira de 264 quilómetros.
Os resultados víronse alterados por unha forte tormenta de sarabia na volta 53, o que provocou que tres dos catro primeiros coches (Jody Scheckter, James Hunt e Mark Donohue), fixeran aquaplaning e sufriran un accidente na mesma curva, poñendo fin anticipado á carreira, e significativas ausencias no podio. Outra serie de coches estrelouse na mesma curva, incluíndo a Wilson Fittipaldi, Jochen Mass e John Watson Os resultados finais da carreira foron os da volta seguinte a da volta na que a maioría dos coches estreláronse, dando ó brasileiro Emerson Fittipaldi, que fora o líder da carreira antes da tormenta, a vitoria cunha volta de vantaxe no seu McLaren M23. Carlos Pace, quen foi un dos accidentados no seu Brabham BT44B clasificouse en segunda posición con outro dos accidentados, o piloto do Tyrrell 007, Jody Scheckter terceiro clasificado.
A vitoria foi a décimo cuarta e última vitoria da carreira de Fittipaldi, que incluía dous campionatos do mundo. Aínda que seguiría correndo na Fórmula Un ata . O triunfo tamén levou a Fittpaldi a pasar a Carlos Reutemann no segundo lugar no campionato, 14 puntos por detrás de Lauda.
Resumo da carreira
Instalouse unha nova chicane na curva Woodcote, a pesar das queixas dos puristas, pero cos argumentos de que era necesaria en interese da seguridade. Tom Pryce logrou a súa primeira pole position na carreira do seu país, mentres que Ferrari clasificou na segunda fila, con James Hunt languidecendo na quinta fila.
Graham Hill anunciou o súa retirada como piloto logo de 17 tempadas e 176 carreiras para concentrarse no seu equipo Embassy Hill.
Para a saída foi utilizado un sistema de luces por primeira vez nun Gran Premio, en substitución da bandeira nacional tradicional, Carlos Pace liderou por diante de Pryce.
Logo da tormenta de sarabia, só cinco coches quedaban na pista. O RAC declarou a carreira finalizada oficialmente na volta 56. Ferrari, cos seus dous coches atascados na volta 54 protestou a clasificación, pero o RAC desestimou estas protestas e tres días máis tarde, confirmáronse os resultados provisionais.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 56 1:22:05.0 7 9 2 8 Carlos Pace Brabham-Ford 55 Accidente 2 6 3 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 55 Accidente 6 4 4 24 James Hunt Hesketh-Ford 55 Accidente 9 3 5 28 Mark Donohue March-Ford 55 Accidente 15 2 6 9 Vittorio Brambilla March-Ford 55 + 1 volta 5 1 7 2 Jochen Mass McLaren-Ford 55 Accidente 10 8 12 Niki Lauda Ferrari 54 + 2 voltas 3 9 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 54 Accidente 17 10 22 Alan Jones Hill-Ford 54 + 2 voltas 28 11 18 John Watson Surtees-Ford 54 Accidente 18 12 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 54 + 2 voltas 12 13 11 Clay Regazzoni Ferrari 54 + 2 voltas 4 14 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 53 Accidente 11 15 23 Tony Brise Hill-Ford 53 Accidente 13 16 15 Brian Henton Lotus-Ford 53 Accidente 21 17 32 John Nicholson Lyncar-Ford 51 Accidente 26 18 19 Dave Morgan Surtees-Ford 50 Accidente 23 19 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 50 Accidente 24 Ret 10 Hans Joachim Stuck March-Ford 45 Accidente 14 Ret 6 Jim Crawford Lotus-Ford 28 Accidente 25 Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 20 Accidente 1 Ret 29 Lella Lombardi March-Ford 18 Motor 22 Ret 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 7 Motor 16 Ret 21 Jacques Laffite Williams-Ford 5 Caixa de cambios 19 Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 4 Motor 8 NSC 31 Roelof Wunderink Ensign-Ford NSC 35 Hiroshi Fushida Maki-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 47 2 Emerson Fittipaldi 33 3 James Hunt 25 4 Carlos Reutemann 25 5 Carlos Pace 24
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 50 2 Brabham-Ford 42 (44) 3 McLaren-Ford 39.5 4 Hesketh-Ford 25 5 Tyrrell-Ford 24
Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1975 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1