Whiskyn's é un grupo de rock catalán nacido en Reus (Baix Camp) co nome de Whisky'ns Cullons a mediados de 1992, despois da disolución do grupo Terrat 26 (1989-1991). Os seus compoñentes últimos foron Joan Masdéu, Manuel Lucio, Gerard Roca e Nando Oterino. Tamén pasaron polo grupo Xavier Llorach, Jose Luis Sánchez, Cesc Solé e Toni Díaz.
Na primavera de 2009 anunciaron a súa disolución amistosa e de forma indefinida, tras a xira de concertos do resto do ano.
No ano 2011 estrearon no Teatro Victòria o musical Cop de rock, de Dagoll Dagom, que reunía temas dos principais grupos de rock cataláns, entre os cales estaban Whiskyn's, Sopa de Cabra, Sau, Lax'n'Busto, Bars, Brams, Duble Buble, Glaucs, a Companyia Elèctrica Dharma e Gossos, como tamén Marc Parrot e Ja t'ho diré.El Victòria reuneix els ídols del rock català dels 90 a El Periódico de Catalunya, 29/9/2011Cançons de l'obra Cop de rock
Discografía Maqueta (1992) Whisky'ns cullons (1994) Toc al dos (1996) Lila (1997) De la nit al dia (1999) Lluny (2001) On (2004) Souvenirs (2005) Reus-París-Londres (2007)
Participacións Els Joves (1993) Com un Huracà (1996) Altres cançons de Nadal, 2 (2002) Deixa't estimar en català-2 (2002) Remixes Global 06 (2006) El disc de la Marató (2006)
Notas
Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Artistas de Música Global