San Xoán Bautista do Esto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 218 habitantes (115 mulleres e 103 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes. Situación O Esto limita ao norte co río Anllóns que a separa da parroquia de Anllóns no concello de Ponteceso, ao sur limita coa parroquia da Silvarredonda, ao leste coa parroquia de Corcoesto, e ao oeste coa parroquia de Cesullas.
Ríos Río Anllóns Río Cundíns
Patrimonio Castro de Beres Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares do Esto
Parroquias de Cabana de Bergantiños
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cabana de Bergantiños
Categoría:Parroquias de Cabana de Bergantiños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Xoán o Bautista