San Pedro de Nantón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 301 habitantes (159 mulleres e 142 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Patrimonio Son de especial interese os petróglifos que se localizan nos montes da Piolla, o castro e mámoas de Anido (aínda sen escavar), a igrexa parroquial e o contorno da casa reitoral e o pazo de Casanova, do século XVII.

Comunicacións Esta localidade​ está cruzada de norte a sur pola estrada AC-552 que vai desde A Coruña a Cee.

Lugares e parroquias Lugares de Nantón

Parroquias de Cabana de Bergantiños

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cabana de Bergantiños

Categoría:Parroquias de Cabana de Bergantiños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro