San Martiño do Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.034 habitantes (518 homes e 516 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.062 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.
Patrimonio A igrexa parroquial data de 1788. Foi mandada edificar polo arcebispo de Santiago Bartolomé de Raxoi. Ten planta rectangular e dentro ten algunhas obras neoclásicas. No frontón hai unha representación de San Martiño, na cal dacabalo comparte a súa capa cun mendigo.
Outras obras importantes son a capela do Bo Xesús e o Pazo de Fraián.
Lugares e parroquias Lugares de San Martiño do Porto
Parroquias de Cabanas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cabanas
Categoría:Parroquias de Cabanas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours