O furor do dragón (en , e chinés simplificado 猛龙过江), é un filme producido en Hong Kong estreado en 1972. Foi escrito, producido e dirixido por Bruce Lee, quen tamén é o protagonista. O resto do elenco está formado por Nora Miao, Chuck Norris, Robert Wall e Hwang In-Shik.
Sinopse Tang Lung (Bruce Lee) chega a Roma para axudar a unha amiga da familia, Chen Ching Hua (Nora Miao), ameazada por uns mafiosos locais que queren facerse co seu restaurante. Pouco despois da chegada de Tang, os criminais irrompen no restaurante coa intención de obrigar a Chen a asinar a venda da súa propiedade. Despois de que se risen do estilo de combate da China, un furioso Tang reta ós matóns e derrótaos nunha excelente exhibición de artes marciais. Logo de fracasar no seu afán de asasinar a Tang, o cerebro da banda contrata a Colt (Chuck Norris), un campión americano de karate, no derradeiro intento de acabar con el. Tang enfrontarase co americano no mítico Coliseo de Roma no que loitarán como gladiadores nun lendario combate a morte.
Personaxes Bruce Lee como Tang Lung Nora Miao como Chen Ching-hua Chuck Norris como Colt Robert Wall como Fred (Bob) Hwang In-Shik como Loitador xaponés Paul Wei como Ho Wang Chung-hsin como Tío Wang Tony Liu como Tony Unicorn Chan como Jimmy Tommy Chen como Tommy Chin Ti como Quen Wu Ngan como Chuan Russell Cawthorne como Home do aeroporto Robert Chen como Robert John T. Benn como Xefe da mafia Malisa Longo como Prostituta italiana Yuen Biao como thug Rick Baker como Matón italiano John Derbyshire como Matón da mafia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllRovi Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes de Golden Harvest Categoría:Filmes de Media Asia Categoría:Filmes de Concord Production Inc. Categoría:Filmes de 1972 con versión en galego