Buenhijo Pérez Sobrino, nado en Redondela en 1869 e finado na mesma vila o 22 de decembro de 1940, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Pedro Pérez Fernández. Procurador dos tribunais. Dirixiu La Voz del Pueblo e La Idea, foi redactor de La Propaganda, colaborador de El Pueblo e correspondente de Faro de Vigo en Redondela. Foi secretario do Liceo de Artesanos (1897) e formou parte da directiva do Casino. Foi alcalde de Redondela en 1908, 1910 e volveu ser elixido en abril de 1922 e dimitiu en febreiro de 1923. Durante a Segunda República foi nomeado alcalde o 31 de outubro de 1934, permanecendo no cargo ata principios de xaneiro de 1936.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Dositeo Pérez Sobrino (irmán). Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes

Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1940