La Gamba ou Gambrinus é unha escultura de grandes proporcións deseñada polo español Javier Mariscal que representa unha cigala.
A obra, inaugurada en 1989, empezou sendo un elemento de reclamo para un dos varios restaurantes do Moll de la Fusta de Barcelona deseñado polo arquitecto Alfred Arribas, amigo de Mariscal.miniatura|250px|La Gamba, no Paseo de Colón de Barcelona.|esquerda
Cando remataron os eventos dos Xogos Olímpicos do 92, varios bares e restaurantes da zona tiveron que pechar, incluído o restaurante que tiña a obra de Mariscal. Tras o peche do local e varios litixios posteriores, a obra quedou no mesmo lugar como propiedade do Concello de Barcelona, converténdose nun símbolo popular da remodelación que sufriu a zona costeira barcelonesa pouco antes dos Xogos Olímpicos.
En decembro de 2004 foi restaurada.
Véxase tamén
Outros artigos Javier Mariscal
Bibliografía
Categoría:Estatuas Categoría:Barcelona