Florentino Pereira Míguez, nado en Redondela en 1888 e finado no mesmo concello en setembro de 1969, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Pereira Míguez.El Pueblo Gallego, 31-5-1939, p. 6. Procurador dos tribunais. Na Segunda República foi membro do Partido Radical. Presentouse ás eleccións municipais de maio de 1933, obtendo só 62 votos. En xaneiro de 1935 foi elixido Vicesecretario do Centro Radical. A principios de 1936 foi nomeado polo gobernador civil membro da Xestora de Redondela e o 3 de xaneiro foi elixido alcalde de Redondela.El Pueblo Gallego, 5-1-1936, p. 15. Cesou no cargo logo da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non sufriu represalias. Finou en Redondela en setembro de 1969.El Pueblo Gallego, 6-9-1969, p. 19.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes
Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1969