Crangon nigricauda é unha especie de crustáceo malacostráceo da familia dos crangónidos.
Habita nas costas do Pacífico norteamericano, desde Comox, Columbia Británica (Canadá) até a Baixa California, e constitúe, xunto con Crangon franciscorum, a maior parte da epifauna de crustáceos crangonoideos de Yaquina Bay (Oregón).
Ambas as especies aparecen frecuentemente xuntas nos estuarios, onde constitúen a base da alimentación de numerosas especies de peixes de importancia comercial e deportiva.
Crangon nigricauda péscase comercialmente na baía de San Francisco.Krygier, Earl R. & Howard F. Horton (1977): "Distribution, Reproduction, and Growth of Crangon nigricauda and Crangon franciscorum in Yaquna Bay, Oregon ", Northwest Science 49 (4): 216-240.
Taxonomía
A especie foi descrita en 1856 polo naturalista estadounidense William Stimpson, en "On some Californian Crustacea" Proceedings of the California Academy of Sciences 1: 95-99.nCrangon nigricauda Stimpson, 1856 no WoRMS.
Nome galego
Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, no seu Vocabulario multilingüe, o nome de quisquilla de rabo negro.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.
Tamén se coñece co nome de camarón de rabo negro.A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022.
Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son: Castelán: quisquilla de rabo negro Francés: crevette queue noire Inglés: blacktailed shrimp
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". Ver en liña . Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3.
Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos Crangónidos
Ligazóns externas Crangon nigricauda en Encyclopedia of Life .
Categoría:Carideos Categoría:Animais descritos en 1856 Categoría:Produtos da pesca