Santiago del Estero é unha cidade do norte da Arxentina, capital da provincia homónima. O seu xentilicio é "santiagueño, -eña".

Características

Atópase nunha vasta chaira, sobre a marxe dereita do río Dulce. A súa poboación en 2010 era de 252.192 habitantes, que unida á da súa área metropolitana, na que se inclúe a cidade de La Banda, ascende a 360.923.

Aínda que non foi a primeira cidade que fundaron os españois no territorio da actual Arxentina, si é a máis antiga das que permanecen na actualidade, e dela partiron numerosas expedicións que estableceron outros asentamentos.

Posúe interesantes edificios, como a Catedral, o Convento de Santo Domingo e o Museo Arqueolóxico Provincial. É sede de dúas universidades e dunha diocese católica.

Notas

Categoría:Cidades da Arxentina Categoría:Provincia de Santiago del Estero