Raimundo Jorge Nicolás Cal Fernández, nado en Redondela o 22 de setembro de 1914 e finado no mesmo concello o 22 de xaneiro de 2003, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo de Saturno Cal Muíños. Na Segunda República formou parte da Xuventudes Socialistas, Izquierda Republicana e Partido Galeguista. Foi elixido responsábel de propaganda das Mocidades Nazonalistas para Pontevedra en xaneiro de 1936. Despois da guerra foi mestre (1941) e directivo do Casino. En 1948 foi detido acusado de participar no Socorro Rojo, sendo condenado a nove anos de prisión. Preso na Prisión do Partido de Vigo, saíu en liberdade vixiada en 1950.BOE, 8-7-1950, p. 2974. Reintegrouse á súa profesión de mestre e estivo destinado na provincia de Logroño sete anos. Á volta foi mestre en Ponteareas, O Viso e Reboreda. En 1973 participou na creación da Asociación de Veciños de Redondela. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas polo PCE e foi elixido concelleiro. Finou en Redondela o 22 de xaneiro de 2003.La Voz de Galicia, 24-1-2003, p. 12.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas 20px Raimundo Cal Serie Historias de Vida

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Redondela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1914

Categoría:Finados en 2003