foi unha poetisa xaponesa que viviu nas postrimerías da era Heian e inicios da era Kamakura. Tamén era coñecida como ou . Seu pai foi Minamoto no Yorimasa.

Foi serventa do Emperador Nijō (Nijō In), e despois da morte deste en 1165 casou con Fujiwara no Shigeyori. Tamén durante este período se converte nunha poeta popular do waka coa obra . Cara ao 1190, volve ser serventa, da Emperatriz (Chūgū) Kujō Ninshi de Gishū Mon In, esposa do Emperador Go-Toba, aínda que posteriormente renuncia como serventa e en 1196 faise monxa budista.

Estivo en varios círculos poéticos do Emperador Go-Toba e do Emperador Juntoku e participou en varios concursos de waka. Fixo a súa colección persoal de poemas, o . É mencionada como unha das trinta e seis mulleres inmortais da poesía e un dos seus poemas está incluído na lista antolóxica Hyakunin Isshu. Tamén algúns dos seus poemas foron incluídos na antoloxía imperial Senzai Wakashū.

Véxase tamén Bibliografía Peter McMillan (2008) One hundred poets, one poem each: a translation of the Ogura Hyakunin Isshu. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-14398-1

Ligazóns externas Poemas de Nijō In no Sanuki Recensión de Nijō In no Sanuki

Categoría:Nados en 1141 Categoría:Finados en 1217 Categoría:Poetas do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa Categoría:Escritores do Xapón