Johan Christian Fabricius, nado en Tønder (en alemán Tondern), Xutlandia (actual Dinamarca) o 7 de xaneiro de 1745 e finado en Kiel, Alemaña o 3 de marzo de 1808, foi un naturalista, entomólogo e economista danés.
Foi un especialista dos Insecta que, no seu tempo, ademais dos insectos propiamente ditos o concepto incluía todos os artrópodos (arácnidos, crustáceos e outros).
Foi un do discípulos de Carl Linnaeus, e está considerado como un dos entomólogos máis importantes do século XVII. Deu o nome a unhas 10 000 especies de animais e estableceu as bases da moderna clasificación dos insectos e dos arácnidos.S. L. Tuxen (1967): "The entomologist J. C. Fabricius". Annual Review of Entomology 12: 1–15.Resumo .
Traxectoria Johan Christian Fabricius neceu en Tønder, Ducado de Schleswig, onde seu pai era médico. Fixo os seus primeiros estudos en Altona (Hamburgo), entrando posteriormente (1762) na Universidade de Copenhague. Nese mesmo ano viaxou xunto co seu amigo e parente Johan Zoëga á Universidade de Uppsala, onde estudou baixo a titoría de Linneo durante dous anos."Johan Christian Fabricius" en: Dansk biografisk leksikon. 5. 1st Projekt Runeberg, 1891, p. 24–30..
Á súa volta comezou a traballar na súa magna obra Systema entomologiæ, que se publicaría en 1775.
Foi profesor de historia natural, economía e finanzas na Universidade de Kiel en 1775, e visitante regular do Museo Británico de Londres, onde estudou moitas das coleccións alí gardadas.Hans G. Hansson "Biographical Etymology of Marine Organism Names" . Göteborgs Universitet.
Principais obras Entomología Systema Entomologiae sistens insectorum classes, ordines, genera, species, adiectis synonymis, locis, descriptionibus, observationibus. Libraria Kortii, Flensburgi et Lipsiae. 832 pp. 1775 Genera Insectorum; Species insectorum sistens eorum differentias specificas, synonymia auctorum, loca natalia, metamorphosis etc... 1776 Philosophia Entomológica. 1778 Anfangsgründe der oekonomischen Wissenschaften, 1778 Species insectorum. 552 pp. 1781 Über die Volksvermehrung, insonderheit in Dänemark. 1781 Mantissa Insectorum. 1787 Entomologia Systematica emendata et aucta: Secundum classes, ordines, genera, species, adjectis synonimis, locis, observationibus, descriptionibus. 5 tomos. 519 pp. 1792-1794 Supplementum Entomologiae Systematicae. 572 pp. 1798 Systema Eleutheratorum. 1801 Rhyngotorum. 1803 Systema Piezatorum. Carolum Reichard, Brunsviga. 439 pp. 1804 Antliatorum. 1805
Economía Von der Volks-Vermehrung insonderheit in Dännemark. Hamburg und Kiel, bey C. E. Bohn,
Abreviaturas A abreviatura J.Fabr. emprégase para indicar a Johan Christian Fabricius como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais. A abreviatura Fabricius emprégase para indicar a Johan Christian Fabricius como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Johan Christian Fabricius
Categoría:Zoólogos de Dinamarca Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Nados en 1745 Categoría:Finados en 1808 Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico