miniatura|500px|Ciclo de vida das amebas "de vida libre" causantes de infeccións, entre as que está B. mandrillaris. Balamuthia mandrillaris é unha especie de amebozoo de vida libre, que causa un tipo de amebíase en humanos, especialmente a afección neurolóxica mortal chamada encefalite amébica granulomatosa. B. mandrillaris pode infectar o organismo humano a través de feridas na pel ou ao inhalar po que a conteña. Balamuthia non foi illada definitivamente na natureza, pero crese que está distribuída nos medio ambientes de todas as rexións temperadas do mundo. Esta suposición está apoiada pola presenza con certa frecuencia de anticorpos contra Balamuthia en individuos sans. O nome do xénero Balamuthia déuselle en honor de William Balamuth (1914-1981) polas súas grandes conribucións aos estudos das amebas parasitas e de vida libre. A especie B. mandrillaris foi descuberta en 1986 no cerebro dun babuíno (ou mandril, de aí o nome mandrillaris), que morreu no Wild Animal Park de San Diego (California).

Morfoloxía Balamuthia mandrillaris é unha ameba, heterotrófa de vida libre, que contén o conxunto normal de orgánulos e está rodeada por unha parede celular de tres capas, e ten un núcleo vesicular anormalmente grande. Como media, un trofozoíto de Balamuthia ten aproximadamente 30–120 µm de diámetro. Os quistes que forma son de aproximadamente ese mesmo tamaño. Ver imaxes en Crédito: DPDX de quistes e trofozoítos en cultivo.

Ciclo de vida O ciclo de vida de Balamuthia, como o de Acanthamoeba, consta dun estadio de quiste e un estadio de trofozoíto, ambos os dous infecciosos, e ambos identificados como inclusións no tecido cerebral no exame microscópico de biopsias cerebrais de individuos infectados. O trofozoíto é pleomórfico e uninucleado, pero ás veces poden verse formas binucleadas. Os quistes son tamén uninucleados e posúen tres paredes: a máis externa e irregular denomínase exoquiste, a máis interna endoquiste, e a intermedia é amorfa e fibrilar e chámase mesoquiste.http://studfier.com/docs/books/Biology/Microbio/Guerrant%20TIDs/Guerrant%20TIDs%20095.pdf

Patoloxía Balamuthia mandrillaris pode entrar no corpo a través do tracto respiratorio inferior ou de feridas abertas na pel. Unha vez que se introducen no corpo, estas amebas poden orixinar unha lesión cutánea, ou migrar ao cerebro. Unha vez no cerebro, Balamuthia causa unha encefalite denominada encefalite amébica granulomatosa, que xeralmente é mortal. Os síntomas da infección por Balamuthia non son moi claros, xa que ata agora só se describiron uns poucos casos de infección por Balamuthia, xa que é pouco frecuente. A encefalite amébica granulomatosa inducida por Balamuthia pode causar parálise focal, convulsións, e síntomas do tronco cerebral como parálise facial, dificultade para tragar, e visión dobre.

Balamuthia tamén causa varios síntomas non neurolóxicos, e a miúdo lesións na pel, desde as cales pode migrar despois ao cerebro por vía sanguínea. Moitos pacientes que presentan esta síndrome teñen lesións cutáneas (ás veces similares ás causadas por Staphylococcus aureus ou outras bacterias), que non responden ben aos tratamentos dermatolóxicos. A lesión é xeralmente localizada e tarda en curar ou non cura, e nalgúns casos pode ser confundida con certos tipos de cancro de pel. As lesións causadas por Balamuthia na pel da face poden orixinar queratite amébica, e causar un inchamento facial.

A encefalite causada por Balamuthia presenta unha mortalidade extremadamente alta, e os poucos que sobreviven adoitan quedar con lesións cerebrais.BalamuthiaCBS 13 AP News Report http://azstarnet.com/news/local/article_b9d95caa-c1db-11df-8394-001cc4c002e0.html?mode=story Hai algúns casos de tratamentos exitosos cando a infección se colle nos inicios.http://cid.oxfordjournals.org/content/37/10/1304.full

Non obstante, a infección por Balamuthia é extremadamente rara, e esta ameba non se considera un perigo para a saúde pública, a pesar da súa ampla distribución xeográfica, xa que só os individuos inmunocomprometidos teñen un risco significativo de contraer a encefalite causada por Balamuthia.

Cultivo e identificación Balamuthia identifícase máis facilmente nas biopsias cerebrais realizadas en individuos que presentan meningoencefalite por Balamuthia. Esta ameba non se pode cultivar en placa de ágar cuberta con bacterias gramnegativas porque, a diferenza doutras amebas, non se alimenta de bacterias. Debe cultivarse en células hepáticas de primate ou en células endoteliais microvasculares do cerebro, ou nas células que forman a barreira hematoencefálica ou HBMECs.

Transmisión en transplantes de órganos Hai uns poucos casos confirmados de transmisión deste parasito por medio dun transplante de órganos (riles, corazón, fígado), que causou nos receptores encefalites, que en varios casos foron mortais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Acanthamoeba Naegleria fowleri

Ligazóns externas Balamuthia — Centers for Disease Control and Prevention A summary of Balamuthia,

Photomicrographs of Balamuthia and Other Pathogenic Amoebas MR and CT Imaging of Balamuthia Mandrillaris from MedPix

Categoría:Amebozoos