Lionel Herbert Blythe, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 28 de abril de 1878 e finado en Santa Monica (California) o 15 de novembro de 1954, foi un actor e director estadounidense.

Traxectoria Naceu no seo da familia Barrymore, fillo de Maurice Barrymore e Giorgiana Drew, da que tamén forman parte os seus irmáns Ethel e John Barrymore e a súa sobriña-neta Drew Barrymore. Comezou a súa carreira teatral a mediados da década de 1890, actuando coa súa avoa Louisa Lane Drew. Permaneceu nos escenarios ata os anos vinte, cando decidiu centrarse no cinema.

Os primeiros filmes nos que interveu Barrymore foron en 1911, dirixidos por D.W. Griffith. Gañou o Oscar ao mellor actor en 1931 por A Free Soul.

Filmografía Ano Filme 1928 Sadie Thompson1929 Madame X 1929 The Unholy Night 1931 A Free Soul 1931 Mata Hari 1932 Grand Hotel 1932 Rasputin and the Empress 1933 Cea ás oito 1934 Treasure Island 1935 David Copperfield 1936 The Gorgeous Hussy 1936 Camille 1937 Captains Courageous 1937 Saratoga 1938 Test Pilot 1938 You Can’t Take It with You 1943 A Guy Named Joe 1944 Since You Went Away 1945 The Valley of Decision 1946 It’s a Wonderful Life 1946 Duel in the Sun 1948 Key Largo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar ó mellor actor