Luís Candendo Pérez, nado en Ribadavia en 1936 e finado en Antzuola o 9 de novembro de 1978, foi un obreiro metalúrxico galego asasinado por membros de ETA. Traxectoria Luís Candendo emigrara ao País Vasco en 1953, e primeiro traballara nas oficinas do Sindicato Vertical e posteriormente como obreiro metalúrxico nos altos fornos que a empresa Unión Cerrajera tiña no concello de Bergara. Estaba afiliado á UCD.

O 9 de novembro de 1978, mentres recollía un bocadillo na porta da súa casa, disparáronlle dous homes no coche e matárono. O atentado foi reivindicado días despois por ETA, que acusou a Candedo de confidente.

Vida persoal Foi pai do organista vasco Óscar Candendo Zabala.

Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes