Lisardo Sampil Belmonte, nado en Loñoá do Monte (Covas, O Pereiro de Aguiar) e finado en Igorre (Biscaia) o 30 de decembro de 1978, foi un taxista galego.
Traxectoria Emigrado ao País Vasco e establecido en Igorre como taxista, chamábano El Gallego. Unha noite, mentres agardaba na parada de taxis, membros de Euskadi Ta Askatasuna disparáronlle dende preto e causáronlle a morte. Fontes xornalísticas do momento vincularon a Sampil con forzas de ultradereita.
Notas
Categoría:Nados no Pereiro de Aguiar Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados no século XX Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes