Alejo Real Fragueiro, nado en 1931 e finado en outubro de 2006, foi un político galego.
Traxectoria Foi nomeado alcalde de Pazos de Borbén en 1966. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato da UCD á alcaldía de Pazos de Borbén e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura Vecinos Independientes, que obtivo dous concelleiros, perdendo a alcaldía. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG sen obter representación. Finou en outubro de 2006.Atlántico diario, 25-10-2006, p. 48.
Vida persoal Casou con Dolores Campo Seoane.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pazos de Borbén
Ligazóns externas Alcaldes del ayuntamiento de Pazos
Categoría:Alcaldes de Pazos de Borbén Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2006