Palaemon macrodactylus é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae).Palaemon macrodactylus Rathbun, 1902 no WoRMS.

A especie foi descrita en 1902 por H. L. Rathbun en: Rathbun, M. J. (1902): "Japanese stalk-eyed crustaceans", Proceedings of the United States National Mu­seum 26: 23-55.

Distribución A área de distribución orixinal desta especie son os estuarios ao longo das costas do Xapón, a China e Corea (o que xustifica un dos seus nomes en inglés, Oriental shrimp, "camarón oriental").Pero na actualidade vive tamén no océano Índico, en todo o Atlántico oriental, chegando até o mar do Norte, e en todo o Pacífico leste e no suroccidental.

Suponse que chegou até Europa a través de barcos de transporte. En Bélxica observouse por primeira vez en 2002, no Zeeschelde (costa ao redor da desembocadura do río Escalda e, máis tarde, tamén no porto de Zeebrugge (localidade na costa belga pertencente á cidade de Bruxas, en Ostende e no estuario do Yser.VLIZ Alien Consortium. Flanders Marine Institute. Special Publication: Non-indigenous species of the Belgian part of the North Sea.

Pesca

É obxecto de pesca comercial no Pacífico, no Índico leste,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223. así como no Atlántico leste central e meridional.</ref name=W/A

Nome galego

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie o nome de camarón emigrante.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son: Castelán: camarón delta Francés: bouquet-migrateur Outro nome francés é crevette à grandes pinces, "camarón de pinzas longas". Inglés: migrant prawn

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos Palemónidos

Ligazóns externas Palaemon macrodactylus en Encyclopedia of Life . Contén informacións, imaxes e mapa de distribución.

Categoría:Carideos Categoría:Produtos da pesca