O Hockey Club Fribourg-Gottéron, máis coñecido como Fribourg-Gottéron ou simplemente Gottéron, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Friburgo, no cantón homónimo (Suíza). Actualmente compite na National League A (NLA), a máxima categoría do hóckey sobre xeo suízo. O equipo foi o cuarto equipo en afluencia de Suíza na tempada 2012-13 con 6.537 espectadores, xogando máis de 20 partidos como local co pavillón cheo durante esa tempada. Xoga os seus partidos como local no BCF Arena, un pavillón con capacidade para 6.800 espectadores.

Historia O club foi fundado en 1938 polos cidadáns de Frigurgo baixo o nome de HC Gottéron. Inicialmente o equipo competía nunha pista ao aire libre, máis coñecida como Les Augustins, ata 1982, cando se construíu Patinoire St-Léonard.

En 1980 o club adoptou o nome de HC Fribourg-Gottéron logo do ascenso á National League A. Tres anos despois da súa chegada á máixima categoría do hóckey sobre xeo suízo, o Fribourg-Gottéron acadaba o seu primeiro subcampionato ligueiro por detrás do EHC Biel. A pesar das dificultades financeiras do club ao longo da maior parte da súa traxectoria na NLA, o club conseguiu chegar á final da liga tres anos consecutivos (1992–94, sumados ao subcampionato ), mais nunca na súa historia gañou o campionato.

O equipo salvouse da bancarrota en 2006. En 2013 conseguiu un novo subcampionato (o quinto da súa historia) tras caer derrotado na final fronte ao SC Bern en seis partidos (4-2).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suíza