Granxa O Cancelo, Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (CAP), é unha agrupación de cooperativas gandeiras da provincia da Coruña.
Historia miniatura|Franquía Bico de Xeado na Coruña. A orixe da granxa está nas antigas UTECO, unións territoriais de cooperativas. A organización está formada por 70 explotacións gandeiras. Nas súas orixes adicada á prestación de servizos a explotacións para a súa mellora técnica e os seus rendementos. No ano 2009 xorde a oportunidade de poñer a traballar unha granxa abandonada en Miño: a Granxa O Cancelo.
Iníciase a produción leiteira e xa un ano despois acórdase dar valor engadido á produción vendendo o leite fresco. A cooperativa iniciou a venda directa con máquinas dispensadoras de leite. No 2011 iniciou a produción de xeados.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Granxa O Cancelo Reportaxe sobre a granxa. Revista Afriga (8 min.)
Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Miño Categoría:Arteixo