San Xurxo de Artes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 tiña 586 habitantes (272 homes e 314 mulleres), 99 menos ca en 2004 (343 homes e 342 mulleres segundo o padrón municipal) e 100 menos ca en 1999. Ten 25 entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Artes podería estar relacionado co termo artesa e facer mención a unha depresión ou concavidade no terreo.

Patrimonio Nos lindes da parroquia está o pazo de Vilar de Francos. O edificio mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Preto do pazo hai un espectacular exemplar de carballo.

Na parroquia están tamén o pazo das Pallas e a igrexa barroca de San Xurxo. Sábese da existencia da Moa Zapateira, unha mámoa localizada no casarío do Vilar.

Lugares e parroquias Lugares de Artes

Parroquias de Carballo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballo

Ligazóns externas Artes na web do concello de Carballo

Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo