O termo teca pódese en galego referir a:

Botánica Teca, árbore da familia das verbenáceas (Tectona grandis), da que se extrae unha madeira amarela usada en carpintaría. Madeira desta árbore. Teca, cada unha das metades da antera compostas por sacos polínicos.

Micoloxía Teca, célula na que se forman as esporas dalgúns fungos.

Medicina Teca, caixa, envoltura, vaíña, principalmente a vaíña dos tendónsDiccionario galego de termos médicos Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002. Teca, envoltura dos folículos ováricos. Teca, estrutura en forma de cápsula que permite o crecemento dos vasos sanguíneos proporcionando apoio nutricional ao folículo ovárico durante o desenvolvemento folicular.

Zooloxía Teca, coiraza ou cuberta protectora dalgúns organismos protistas.

Relixión Teca, caixiña na que se garda unha reliquia.

Notas