O Partido Autonómista Leonés-Unidad Leonesista (coñecido polas súas siglas PA-UL o sinxelamente PAL) é un partido político español de ideoloxía leonesista que loita pola creación dunha Comunidade autónoma leonesa como fan outros partidos da mesma ideoloxía. O seu ámbito de acción son as provincias de León, Zamora, e Salamanca. O seu fundador é José María Rodríguez de Francisco, un dos antigos fundadores da UPL. Nas eleccións municipais e autonómicas do 2007, soamente concorreron na circunscrición de León, e nalgúns concellos de devandita provincia. O partido obtivo 4.982 votos (1,68%) nas autonómicas e 4.546 votos (10 concelleiros) nas municipais.

O 17 de decembro de 2011, José María Rodríguez de Francisco deixou a presidencia do partido e acordou a elección de Pablo Peyuca González González coma presidente deste partido. Este partido obtivo en 2011 3.743 votos nas eleccións autonómicas e 5.006 votos na municipais do 2011, sendo deste xeito a sexta forza política de León por número de concelleiros (10 en total)http://resultados.elpais.com/elecciones/2011/municipales/08/24.html.

Notas

Categoría:Leonesismo Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Partidos políticos de España