A actual bandeira do estado de Xeorxia foi aprobada o 8 de maio de 2003. A bandeira ten dúas barras vermellas e unha branca, co escudo do estado (adoptado do selo estatal) sobre un campo azul na esquina superior esquerda. No escudo, o arco simboliza a constitución do estado e os piares representan as tres ramas do poder público: lexislativa, executiva e xudicial. As palabras do lema do estado "Sabedoría, Xustiza, Moderación", envólvense arredor dos piares, vixiado por unha figura masculina co traxe colonial como un soldado da Revolución Americana, cunha espada brandida que representa a defensa da Constitución. Outro lema, "In God We Trust", aparece baixo estes elementos, aínda que non forma parte do selo do estado nin do escudo. A bandeira ten trece estrelas, que representan a Xeorxia e aos outros 12 estados orixinais dos Estados Unidos de América.

Bandeiras históricas

Bandeiras históricas de Xeorxia 150pxAnterior a 1879 (non oficial)1879 - 19021902 – 1906 150px1906 – 1920 borda|150px1920 - 1956 borda|150px1956 - 2001 borda|150px2001 - 2003 borda|150px2003 - Actualmente

Categoría:Bandeiras estatais dos Estados Unidos de América Categoría:Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Bandeiras introducidas en 2003