miniatura|páxina=3|Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia, Tomo I (en PDF). Leopoldo Martínez Padín, nado en Tui o 21 de setembro de 1823 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1850, foi un historiador, xornalista e poeta galego.
Traxectoria Fixo dous anos de Filosofía no Seminario Conciliar San Paio da súa vila natal e licenciouse en Xurisprudencia na Universidade de Santiago de Compostela en 1847.
En Santiago formou parte, xunto con Antonio Neira de Mosquera, José María Posada, Francisco Añón, Antolín Faraldo, Alberto Camino e outros da Academia Literaria de Santiago e fundou e dirixiu La Armonía. Por un artigo publicado no número un deste xornal (6 de agosto de 1845) foi denunciado e a publicación suspendida..
Marchou a vivir a Madrid, onde finou aos 26 anos de idade.
Obra Suspiros del corazón (1845)En Galiciana. Biblioteca de Galicia.. Poesía romántica. "A la reina con motivo de su enlace con el Señor don Francisco de Asis", 8 pp (1846). Poesía. Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (Madrid, 1849). Debido ao seu prematuro pasamento, só escribiu o primeiro tomo e parte do segundo.En Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Comision organizadora del Liceo" (1847) en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Xornalistas de Tui Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1850 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela