Remigio Garrido Bouzas, nado en Baños de Molgas en 1830 e finado en Escornabois (Trasmiras) o 7 de outubro de 1907, foi un sacerdote e escritor galego. Traxectoria Estudou no Seminario de Ourense e exerceu como crego en varias parroquias rurais ourensás para finalmente facerse cargo da de Escornabois (Trasmiras). Colaborou con O Tio Marcos d'a Portela, onde se fixo coñecido co pseudónimo Roque Grilo Berza. Escribiu en castelán unha obra de xuventude titulada Baraja mística en colaboración con José Manuel de Pazos, que se publicou en 1888.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Baños de Molgas Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1907 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos