Emilio Canda Pérez, nado en Ribadavia en 1911 e finado en Madrid o 10 de outubro de 1998Necrolóxica en ABC, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Emilio Canda Adán. Foi redactor-xefe de Vida Gallega dende 1929 e, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, redactor-xefe e director do periódico falanxista ourensán Rumbo (1937), que despois cambiou o seu nome a Arco. Dirixiu a revista pontevedresa Mar, de Ediciones Céltiga, foi un dos fundadores, e despois director de Finisterre (1943) con Sabino Torres e Celso Emilio Ferreiro e en 1945 fundou a revista Ciudad que tamén dirixiu. Trasladouse a Madrid, dirixiu a revista Crítica e en 1954 fundou e dirixiu Ilustración Gallega. Como autor dramático estreou en Vigo en 1940 a comedia Maese Recuerdo e obtivo o Premio Nacional de Teatro en 1965 pola comedia Caminos de Damasco. Tamén foi guionista de cine.
Obras Teatro En un cuarto de hora. Comedia en tres actos, 1941. Caminos de Damasco. Comedia dramática en dos actos, 1965.
Ensaio Consigna. Memorias de un Alférez Provisional, 1942. Vida persoal Casou con Carmen Moreno en 1952.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Filmografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ribadavia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Dramaturgos do século XX