Ng Yi-Sheng, nado en Singapur o 25 de novembro de 1980, é un poeta e editor singapurés.
Traxectoria Despois de vivir en Hong Kong e Singapur licenciouse na Universidade de Columbia en Literatura comparada e escrita creativa. Á volta a Singapur traballou para o Instituto das Artes de Singapur e en 2013 cursou un mestrado en escrita creativa na Universidade de East Anglia (Norwich, Reino Unido).
Obra Ademais de colaboracións en revistas, entre as súas publicacións cóntanse: Last Boy (2006)Last Boy, poesía. A Gay Anthology of Singapore Poetry and Prose (2010), coeditor da antoloxía. SQ21: Singapore queers in the 21st century (2006), ensaio sobre a comunidade LGTB en Singapur. Serve (obra de teatro) Snake (obra de teatro) Redhill Blues (obra de teatro) Hungry(obra de teatro) 251 (2007), unha obra de teatro sobre a vida da actriz porno singapuresa Annabel Chong Georgette (2007), drama musical sobre a vida de Georgette Chen.
Notas
Categoría:Escritores de Singapur Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades da cultura LGTB Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Singapur Categoría:Alumnos da Universidade Columbia