Francisco Lourido Sánchez, nado en Vilasindre (Cangas, Foz) o 23 de novembro de 1847 e finado en Arecibo (Porto Rico) no primeiro cuarto do século XX, foi un escritor galego.
Traxectoria Fillo de Esteban Lourido Rivas (alcalde de Foz de 1865 a 1867) e Joaquina Sánchez Baño, de Xuances (Xove). Emigrou con 19 anos a illa de Porto Rico. Despois pasou a Cuba. En 1883 residía na Habana onde publicaba poesías na prensa, principalmente en El Eco de Galicia. Tamén publicou en galego o poema "Dúas almas amigas" en O Tio Marcos d'a Portela e "Os dous compadres" (conto en prosa versada) en A Gaita Gallega. En Porto Rico publicou o libro de poemas Genialidades (1897). Composicións súas apareceron en O Novo Galiciano, Cultura Gallega e Vida Gallega.
Vida persoal Casou con Avelina Cao, a súa filla Consuelo Lourido Cao casou con José Ramón Vázquez.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Francisco Lourido, poeta, emigrante, voz de A Mariña en el Rexurdimento gallego Foz, terra de escritores (I)
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Foz Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos de Porto Rico Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1847