Os Vienna Capitals son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Viena, Austria. O club foi fundado no ano 2000 e dende a tempada 2001-02 compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo austríaco, a Erste Bank Hockey League, da que foron campións en 2005 e mais en 2017. Xogan os seus partidos como local no Albert-Schultz-Eishalle, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.
Dende o 2011 compite no European Trophy. O equipo é alcumado Caps.
Palmarés 1 Erste Bank Hockey League: 2005, 2017
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Austria